Galego Castellano
Inicio

 

 

Mangas da 1ª Proba do Circuito Galego Open de bodyboard, Rio Sieira(Porto Do Son).
(03/07/09)
Aquí tendes a vosa disposición as mangas do campionato que dará comezo mañá ás 09:00 da mañá na praia de Rio Sieira, non esquezades que o prazo para confirmar inscripcións é de 08:30 a 09:00 da mañá na propia praia e que ata entón as mangas aquí publicadas poderán sufrir variacións:

BodyBoard


NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.


1ª Proba do Circuito Galego Open de bodyboard, Rio Sieira(Porto Do Son).
(29/06/09)
O fin de semán do 4 e 5 de Xullo terá lugar a primeira proba do Circuito Galego de categoría Open Boduboard. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 2 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>

CristianPerez

CAMPIONATO: 1º Proba Circuito Galego Open de bodyboard.
ORGANIZA: Area Longa Surf Clube e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Coca-cola e Concello de Porto do Son.
DATA: 4 e 5 de Xullo.
LUGAR: Praia de Rio Sieira (Porto do Son).
CATEGORÍAS: Open.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30 a 09:00 horas na praia. E ás 9:15 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Bodyboard Open Masculino e Feminino.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 2 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 2 de Xullo as 13:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.

 

Aprazada por falta de ondas a 2ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de Sabón (Arteixo).
(26/06/09)

Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, e vendo na praia as ondas que hai hoxe, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Sabón (Arteixo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf.

A nova data prevista está por determinar, pero intentarase facer ao largo do mes de Xullo. A continuación mostrámosvos unha fotografía tomada esta mesma mañá das insólitas condicións na praia de Sabón, unha das praias con maior regularidade de ondas durante todo o ano.

Sabon

As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS.

Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>

2ª Proba do Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil-Praia de Sabón (Arteixo).
(21/06/09)
O fin de semán do 27 e 28 de Xuño terá lugar a segunda proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 140 primeiros. Lembra que o xoves as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>

Pablo Montero

CAMPIONATO: 2º Proba Circuito Galego Caixa Galicia infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Clube Sandspit e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Arteixo.
DATA: 27 e 28 de Xuño.
LUGAR: Praia de Sabón (Arteixo).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.    MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 24 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 25 de Xuño as 13:00 horas.
CaixaGalicia

Aprazada por falta de ondas a 1ª Proba do Circuito Galego Caixa Galicia Open de surf e longboard, Os Castros (Ribadeo).
(29/05/09)

Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, e vendo na praia as ondas que hai hoxe, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Os Castros (Ribadeo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf.

A nova data prevista está por determinar.

As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS.

Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>

Caixa Galicia

1ª Proba do Circuíto Galego Caixa Galicia de Surf e Longboard Open - Os Castros (Ribadeo).
(25/05/09)
O fin de semana do 30 e 31 de Maio terá lugar a primeira proba do Circuíto Galego Caixa Galicia das categorías Open de Surf e Longboard. As inscricipóns xa están abertas. Recorda que o xoves 28 ás 13 horas é o derradeiro día para facer a inscrición e o pago realizáse mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>

CaixaGalicia
Foto: Eugenio Prados

CAMPIONATO: 1 ª Proba Circuíto Galego Caixa Galicia de Surf e Longboard Open.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf, Concello de Ribadeo e Hola Ola!.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Ribadeo.
DATA: 30 e 31 de Maio.
LUGAR: Praia de Os Castros (Ribadeo).
CATEGORÍAS: Open (masculino e feminino).
HORA: Confirmación de inscripcións o sábado de 9:30 a 10:00 horas na praia. Ás 10:30 horas aproximadamente comezará a competición (ao longo do día do venres 29 publicarase na Web da FGS o horario de competición así como as mangas).
MODALIDADES: Surf e Longboard masculino e feminino.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros.
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 28 ás 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax ao número: 986 29 93 78 e un e-mail
( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf cos seguintes datos:
1º) Club
2º) nome e apelidos do competidor
3º) DNI
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 28 de Maio 13:00 horas.

Caixagalicia

Resultados da 1ª proba do Circuíto Galego Caixa Galicia Xuvenil -Patos (Nigrán).
(24/05/09)
Durante os días 9 e 10 de Maio celebrouse na praia de Patos a primeira proba do Circuíto Caixa Galicia Xuvenil.

Finalistas


A proba foi todo un record xa que contou con preto de 180 inscritos divididos en oito categorías (surf xuvenil masculino e feminino, surf infantil masculino e feminino, bodyboard xuvenil masculino e feminino, e bodyboard infantil masculino e feminino). Ademais foi record tamén no número de mozas que se animaron a competir na proba: 46 en total, e grazas ao bo tempo que nos acompañou durante todo o fin de semana, o número de público asistente ao evento foi tamén moi elevado.

Para o desenvolvemento do campionato contamos coa colaboración do Prado Surf Clube cuxa organización e colaboración na montaxe e o área técnica é un gran exemplo a seguir, sen esquecer a deliciosa comida coa que nos obsequió a todos os competidores e persoal de organización que xunto ás bebidas proporcionadas por Coca-Cola déronnos enerxía para as maratonianas xornadas de surf na praia de Patos.

A proba arrincaba o sábado ás 10:30 da mañá na praia de Patos e debido ao altísimo número de participantes vímosnos obrigados a desenvolvela en formato "dobre pico". Grazas ás condicións de mar ao terminar a xornada xa disputaramos todas as mangas de tríales, oitavos, cuartos e semifinais, deixando para o domingo únicamente as finais das oito categorías.

O domingo o tamaño das ondas descendera considerablemente, así que nos vimos obrigados a trasladar o campionato a "A Calita", xunto á praia das Canas no extremo dereito de Patos. E trala acción trepidante de oito finais de diferentes categorías volviamos trasladarnos a Patos para proceder á entrega de premios que se realizou despois de comer.

Durante a entrega de premios José Dieguez (Prado Surf Clube) equivocábase coa categoría Surf Xuvenil, entregándolle a Guillermo Gómez (Prado Surf Clube) o primeiro premio cando este correspondía a Rafael Dopico (Club Grosso de Doniños) polo que, desde a FGS, pedímoslle desculpas ao merecidísimo vencedor da proba: Rafael Dopico que desde o comezo da manga deixaba a final sentenciada cun potentísimo reentry de costas que lle proporcionaba a mellor nota da xornada e a vitoria nesta primeira proba do Circuíto Galego Caixa Galicia. Cabe destacar que ao final da entrega o Director de Competición procedía á rectificación de devandito erro.

Xa para rematar destacar a presenza durante a entrega de premios de D. José Paz (Concello de Nigrán) ao que, un ano máis, agradecémoslle toda a súa colaboración para este evento, agradecendo tamén o apoio aos sponsors da Federación Galega de Surf xa que sen eles este circuíto non sería posible: Caixa Galicia, Coca Cola e Concello de Nigrán.

Aquí tendes os resultados
s:

1º Proba Xuvenil Circuito Galego Caixa Galicia 2009
SURF
BODBOARD
INFANTIL
INFANTIL

FEMININO

MASCULINO
FEMININO

MASCULINO

1ª Marta Cid López

1º Gonzalo Diez 1ª Paula Domínguez 1º Pablo Gonzalez
2ª Mairea Irisarri 2º Diego Álvarez 2ª Belen Gómez 2º Alberto Gundin
3ª Delia Salgueiro 3º Andrés Durán 3ª Helena Barcia 3º Ignacio Amador
4ª Carlota Lago 4º Miguel Gómez 4ª Elba Fernandez 4º Javier Vila
XUVENIL
XUVENIL

FEMININO

MASCULINO
FEMININO

MASCULINO

1ª Erika Franco 1º Rafael Dopico 1ª Patricia Da Rocha 1º Samuel Salgueiro
2ª Reyes Rodríguez 2º Guillermo Gómez 2ª Cristina Fernandez 2º Alberto Gundin
3ª Carlota Lago 3º Gonzalo Diez 3ª Andrea Vilela 3º Adrian Mendez
4ª Delia Salgueiro 4º Pablo Rodriguez 4ª Paula Domínguez 4º Pablo Gonzalez

RafaDoPicoErikaFrancoSurfJunior

FinalistasBodyInfantilFinalistasSurfInfantilFinalistasSurfInfFem

FinalistasBodyInfantilFinalistasSurfInfantilFinalistasSurfInfFem

FinalistasBodyInfantilFinalistasSurfInfantilFinalistasSurfInfFem

FinalistasBodyInfantilFinalistasSurfInfantilFinalistasSurfInfFem

Finalistas

 

Caixagalicia

 

Aprazada a 1ª proba do Circuito Galego Caixa Galicia Open de Bodyboard
(18/05/09)
Debido a circunstancias alleas á FGS vémosnos obrigados a aprazar a proba de O Faro (Lariño - Carnota) asumindo a FGS a organización de devandita proba coa colaboración do Concello de Carnota ao que desde aquí agradecémoslle a súa gran colaboración para a realización deste evento.

Esta proba do Circuíto Galego Caixa Galicia Open de Bodyboard en O Faro (Lariño - Carnota) celebrarase finalmente durante os días 19 e 20 de Setembro.


CaixaGalicia

 

¡Xa podes consultar se estás federado!
(04/04/09)
Desde agora xa podes consultar se estás federado na FGS, no menú que se atopa á esquerda pulsando sobre Listado de Federados terás acceso ao último listado de federados. Este listado se actualizará un mínimo de dúas veces ao mes.


1ª Proba do Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil-Praia de Patos (Nigrán).
(03/04/09)
O fin de semán do 9 e 10 de Maio terá lugar a primeira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 8 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>

CAMPIONATO: 1º Proba Circuito Galego Caixa Galicia infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Prado Surf Clube e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Nigrán.
DATA: 9 e 10 de Maio.
LUGAR: Praia de Patos (Nigrán).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 10:00 a 10:30 horas na praia. E ás 11:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.    MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 24 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 7 de Maio as13:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.

Aprobado o novo Calendario de Competición para o ano 2009
(30/04/09)

Aquí tendes o calencario de competición para o ano 2009, pendente de confirmar algunha proba e en especial, no Circuíto de Body Board pendentes de que máis clubs queiran colaborar na organización dunha proba do circuíto. ¡Non esquezades que a vindeira semana comenza o Circuito Xuvenil!:

Circuito Galego Caixa Galicia 2009
Surf e body infantil e xuvenil

Surf e longboard open

Body open
9-10 Maio. Patos (Nigrán)
Prado surf clube.

30-31 Maio. Os Castros (Ribadeo). Clube Hola Ola! 23-24 Maio. O Faro (Lariño). FGS (Patrick Vilán).

27-28 Xuño. Sabón (Arteixo)
Sandspit Surf Club.

25-26 Xullo. Razo (Carballo).
Club de Surf Teiron.
13-14 Xuño. Valcovo (Club e data por confirmar)

26-27 Setembro. A Lanzada (Sanxenxo)
Clubs: Golfiño, Oeste e Raspas.
( Data sen confirmar)

5-6 Setembro. Esteiro (Viveiro). A Mariña Surf Club. THC. *Sen confirmar
.

10-11 Outubro. Malpica. Silfo Surf Camp.
 
Campeonato Galego Caixa Galicia surf, bodyboard e longboard

29-30 Agosto. Praia de Soesto (Laxe-A Coruña)
Campionato individual e por equipos (masculino e feminino), só para galegos.

OUTROS CAMPIONATOS


11-12 Xullo. Razo (Carballo). King Of The Groms (Quiksilver)

17-18 Outubro Patos (Nigrán). VQS Volcom Qualifying Series

30 Outubro - 1 Novembro. Patos (Nigrán). Galaico-Luso. Prado Surf Club.


Caixagalicia

 

 

Curso de Xuíces de Surf e Bodyboard
(20/04/09)

A Federación Galega de Surf convoca o Curso de xuíces de Surf e Bodyboard que se desenrolará o 24 e 25 de Abril do 2009 no edificio da Federación Galega de Surf: C\Fotógrafo Luis Ksado nº 17, Vigo,

Máis información no tríptico.

 

 Inscrición curso: Ata o 22 de abril de 2009

Co impreso de inscrición deberá adxuntar:

-       Fotocopia do DNI.

-       Xustificante de Pago

A documentación deberase entregar ou enviar por email, ou fax a Federación Galega de Surf

Caixagalicia

 

FORMACIÓN

Xa está aberto o prazo para a convocatoria do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico".
(27/02/09)

A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico".

Tal e como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.)

Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques:

1-Bloque común: pódeste informar sobre as convocatorias deste bloque en www.deportegalego.es  ou poñéndote en contacto coa Dirección Xeral para o Deporte.

2-Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com .

3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas nunha das escolas homologadas da FGS.

“Bloque Específico”

O curso desenvolverase nos meses de Marzo e Abril de 2009 o lugar de realización será na Coruña e en Vigo,

Ampliación da inscripción ata o 4 de Marzo inclusive

Debido a problemas co servidor web da Federación Galega de Surf, ampliamos o prazo para inscribirse ata o día 4 de Marzo inclusive, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a info@fgsurf.com, tamén se pode facer enviando un fax coa ficha de inscripción ao nº 986299378. No momento de facer o ingreso no banco prégase facer constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos.  Mais información nos documentos adxuntos.

As persoas que teñan que realizar as probas de acceso: deberán presentarse o venres 7 de Marzo as 15:00 na praia de Patos.

Caixagalicia

 

 

A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF


A súa historia, estatutos e actividades.
Actas asembleas.
Sede da FGS.
¿Quenes forman a federación?
Descarga logos.

PREVISIÓN DE ONDAS E MAREAS


Datos boias - Portos do Estado.
Táboas portuarias (INM).
Táboas de mareas.
Windguru.
Mapa de ondas animado.
Mapa de ondas US Navy.
Información marítima.
Información meteorolóxica.
O tempo - La Voz de Galicia.

IMPRESCINCIBLE


Web Cams Galicia en directo
Regulamento de competición FGS
Calendario Campionatos Campionatos
Calendario de actividades.
Clasificacions Circuito Galego
A túa primeira onda (Cursos gratuitos)
Mini xogo de surf
Gony Zubizarreta no WQS

REXISTRARSE EN FGSURF.COM
Recibirás no teu email as últimas novas, datas e resultados de campionatos.
Nomre e Apelidos:

E-mail:

Federación Galega de Surf. c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - 36209 Vigo (Galicia) Telf. +34 986 239095 Fax. +34 986 299378 info@fgsurf.com
Optimizado para Internet Explorer 6 ou superior e resolución 1024x768 © 2002 Deseño Asesority Consultores
Actualización 2/06/08